Lois Pereiro

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Lois Pereiro.

“Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos en febreiro de 1958, está considerado un mito da poesía galega contemporánea. Formou parte do denominado Grupo de Amor e Desamor, un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mato Fondo, Xavier Seoane, Fenán-Vello… A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos.”

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Uxío Novoneyra:

Advertisements

Leave a comment »

Coñece a biblioteca do cole

O equipo de biblioteca en colaboración co equipo TIC do centro elaborou un novo programa de formación de usuarios destinado ao alumnado do 2º e 3º Ciclo de Ed. Primaria para que coñezan un pouco máis e mellor o funcionamento da biblioteca e da CDU.

Leave a comment »

Club de lectura

Os alumnos e alumnas de 3º ciclo participamos noutra sesión do club de lectura na biblioteca do cole. O libro sobre o que traballamos esta vez foi o de “Se vende mamá” de Care Santos.

A sesión resultou moi interesante e divertida xa que o libro foi do agrado de todos os participantes sendo a súa valoración moi alta. Durante o coloquio puxéronse de manifesto as relacións existentes entre as nais e os fillos. Todos se sentían identificados con Oscar, o protagonista do libro, nalgún momento da historia.

Xa estámos desexando que teña lugar unha nova sesión do club de lectura.

Leave a comment »

Conto colaborativo

A próxima tarefa consistirá na elaboración dun conto por medio dunha wiki. Nela cada un de nós irá completando o conto engadindo un párrafo ao que xa está escrito.

A ligazón do conto e a seguinte: Wiki conto colaborativo

Leave a comment »

Banda deseñada

Se premedes na imaxe veredes algunha das viñetas que creastes no taller de banda deseñada.

Leave a comment »

Circuítos eléctricos

Como tarefa práctica e complementaria ao tema de elctricidade de Coñecemneto do Medio realizamos un circuíto eléctrico no taller de plástica.

O resultado foi o seguinte.

Leave a comment »

Amor eterno

Despois de traballar a historia de San Valentín tedes que recitar de memoria o poema de Gustavo Adolfo Becquer titulado “Amor eterno”

Aqui vos dexo dos vídeos para traballalo:

Leave a comment »